Diego Díaz Mosqueira
Gustavo Figueira Serrano
Alba Álvarez Vázquez
Jimena González Verdía
Tartu, Estonia
O proxecto para o Centro Cultural do Centro de Tartu é un esforzo integral que combina a sustentabilidade, a sinerxía cultural e a identidade nun deseño arquitectónico innovador. A través do uso de materiais locais e sostibles, o respecto pola biodiversidade e o patrimonio, e a implementación de tecnoloxías avanzadas, o proxecto busca converterse nun referente cultural e ambiental para a cidade de Tartu.
Búscase crear unha sinerxía cultural interrelacionando todas as áreas do edificio a través dun espazo central aberto que actúa como vínculo e conexión entre estas áreas. A organización do edificio permite unha relación intuitiva, directa e cómoda para os usuarios.
O edificio concíbese como un elemento icónico cunha identidade representativa acorde ao uso cultural que contén. Preténdese que sexa unha referencia como edificio cultural e que ao mesmo tempo presente unha imaxe amigable cunha escala adaptada ao lugar.
Introdúcense obxectivos de sustentabilidade como a construción con materiais locais e de quilómetro cero, como a madeira e a terra compactada, para promover o emprego local, a artesanía, a tecnoloxía e a protección dos bosques. Ademais, o proxecto segue os obxectivos da Axenda 2030 da ONU, enfocándose na saúde e o benestar, a educación de calidade, o acceso a enerxía accesible e non contaminante, a creación de cidades e comunidades sostibles, e a mellora dos ecosistemas terrestres.
O terreo onde se instalará o edificio está situado nun punto estratéxico da cidade de Tartu, unha zona de conexión e comunicación de espazos públicos, áreas verdes e edificios representativos e patrimoniais. A proposta busca mellorar a conexión do sitio coas áreas verdes circundantes e o río, creando un corredor verde que conecta o edificio co resto da cidade, beneficiando tanto aos cidadáns como aos usuarios do novo edificio.
O deseño do edificio céntrase no respecto pola biodiversidade e a conservación do patrimonio. A pegada do edificio sitúase dentro das liñas de árbores que delimitan o espazo rectangular actual da praza, conservando todas as árbores existentes e incorporando máis na súa contorna. Isto mantén a pegada urbana existente, parte do patrimonio urbano da praza e a historia de Tartu.
A volumetría e a forma final do edificio nacen dun proceso de moldeado dun volume prismático simple. É un rectángulo extruído en altura do cal se restan volumes esféricos na planta baixa para crear unha especie de “covas” que serven como acceso ao centro do edificio. Este patio central é un espazo aberto que se estende a través de todos os pisos do edificio, incluíndo o soto.
O deseño do edificio combina estratexias pasivas de carácter bioclimático con outras activas centradas en novas tecnoloxías. Utilízanse sistemas innovadores como a recuperación de calor, pozos xeotérmicos e un tellado con paneis fotovoltaicos, buscando lograr un edificio cun consumo de enerxía case nulo ou negativo. A elección de materiais locais, reciclados e reciclables contribúe a reducir a pegada de carbono do proxecto.
O edificio conta con sistemas de ventilación eficientes, ventilación natural a través de sistemas intelixentes e o uso de enerxía xeotérmica para a climatización. Ademais, aprovéitase a auga de chuvia do tellado, logrando un balance cero no consumo de auga. Os materiais reciclados e industrializados, a través de elementos prefabricados, tamén contribúen a reducir a pegada de carbono.
Grazas a estas estratexias, o edificio non so é autosuficiente senón que é enerxeticamente positivo, cumprindo cos máis altos estándares de certificación como LEED, WELL e BREAM.