Privado
1.430,00 m2
Diego Díaz Mosqueira
Gustavo Figueira Serrano
Ángel Monteoliva
Carballo, España
Trátase dun edificio existente de 8 vivendas construído a finais dos anos 90 no núcleo urbano de Carballo. Na actualidade, o edificio está prácticamente rematado, coas vivendas distribuídas, pero sen ter rematados os acabados. A nosa intervención baséase en 3 accións:
REDISTRIBUCIÓN
En determinadas vivendas buscamos unha redistribución que se adapte ás necesidades actuais do cliente.
REACONDICIONAMENTO
Preténdese unha reforma que consiste na mellora das condicións de eficiencia enerxética das vivendas mediante un incremento do illamento da envolvente e da eficiencia das instalacións de climatización.
REMATES
As vivendas son redeseñadas con novos materiais de acabado para chans, paredes verticais e teitos.