Mercado e edificio multiusos

Concurso
Ano 2020

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Renders:

Bump Estudio

Ubicación:

Sanxenxo, España

 

 

FLEXIBILIDAD E DINAMISMO

O proceso creativo do novo edificio de mercado nace da necesidade de crear un espazo fluído e intuitivo, aproveitando as potencialidades do lugar no que se atopa. Partimos pois dun volume de máximo aproveitamento, marcado pola normativa urbanística vixente.

O primeiro será facer un corte no volume para dar amplitude ao canellón e mellorar a comunicación entre a rúa superior e o espazo público de acceso ao edificio. Desta forma xeramos unha nova fachada con máis luz e de acceso ao interior.

A segunda idea de proxecto é a de romper a  linealidad da fachada xerando ocos que nos sirvan para crear accesos e terrazas, os cales funcionan como embudes de luz para iluminar os espazos centrais das plantas, como elementos de ventilación e como balcóns desde onde gozar das vistas do mar.

A terceira, xa mencionada, é a de romper a fachada en planta baixa para crear amplos ocos de conexión entre interior e exterior, xerando así un espazo público fluído a través tanto da contorna inmediata como do interior do mercado.

O resultado final vén dado polo concepto dun “Gran espazo público”, tanto interior como exterior, creado a través de prazas, atrios e terrazas.