Concello de Carballo
2.040 metros
Diego Díaz Mosqueira
Gustavo Figueira Serrano
Carballo, España
O proxecto Ciclando Carballo da Senda nº4 entre a Av. Malpica e a rúa Fábrica busca mellorar as condicións do carril bici que xa existía neste tramo.
O esquema existente, onde se situaba o carril bici entre a estrada e o aparcadoiro, supuñía un risco para a seguridade viaria dos ciclistas. Ademais, o carril contaba con varias zonas sen conexión e sen ningún tipo de sinalización que permitise identificalo facilmente polos usuarios.
A nosa proposta baséase nunha serie de accións que son as seguintes:
REORGANIZACIÓN VIARIA
O principal obxectivo desta intervención é reordenar a actual xerarquía da calzada, intercambiando o carril bici coa liña de estacionamento, de forma que se separen peóns – bicicletas – coches.
NOVO CARRIL BICI
O novo carril bici transcorre entre a beirarrúa e o aparcadoiro, pintado e con novas marcas viarias para mellorar a seguridade. Ademais, complétanse os puntos inconexos para pechar o tramo da Avda.Malpica e rúa Fábrica e conectalo co resto de camiños.
FRANXA VERDE SEPARATIVA
Proponse un elemento separador que sirva para resaltar o límite entre coches e bicicletas, mellorando así as condicións de seguridade viaria. Para iso utilízase un enreixado axardinado que serve tamén para introducir o elemento vexetal en todo o tramo.
NOVOS APARCAMENTOS
Os novos aparcadoiros están situados preto da estrada, para que os coches nunca teñan que invadir o carril bici. Ademais, cada praza de aparcamento está delimitada con novas marcas viarias.
VELOCIDADE 30
O Concello de Carballo aplicou o límite de velocidade de 30 km/h nas vías de circulación do núcleo urbano, estando este tramo dentro deste límite, o que encaixa co obxectivo desta intervención á hora de compartir espazo entre coches e ciclistas.
ALCORQUES + ÁRBORES
Implántase unha liña de alcorques e árbores a ambos os dous lados da rúa, ocupando a franxa do aparcamento. Estes, ademais de incuir vexetación no tramo, utilízanse como elementos disuasorios para os usuarios de coches á hora de respectar os límites de velocidade.
RESULTADO FINAL
O resultado final é unha combinación de diferentes estratexias e elementos enfocados a mellorar a seguridade viaria tanto para ciclistas como para peóns. A continuidade do carril bici en todo o tramo, así como as pinturas e a nova sinalización, fan que sexa máis atractivo e intuitivo para os usuarios.