ESTUDIO

vi17 é un estudio novo de arquitectura creado en 2019 en Carballo.

Fundado por Diego Díaz  Mosqueira, coa posterior incorporación de Gustavo Figueira Serrano en 2020. 

Os nosos proxectos varían en tamaño desde a pequena e mediana escala do interiorismo e arquitectura, ata o urbanismopaisaxismo e espazo público. Esforzándonos por crear proxectos de calidade, duradeiros e respectuosos coa contorna e o medio ambiente.

Combinamos un enfoque de deseño integral con sensibilidade no deseño tendo en conta o contexto local pero mantendo unha visión ampla e global que se conecta coa escala humana e enfocándonos na experiencia do usuario final.

O sector da construción representa o 40% das emisións de CO2 do mundo, algo que temos en conta no desenvolvemento dos nosos proxectos, tanto mediante a redución do uso de materiais pouco respectuosos co medio ambiente, como coa implementación de estratexias sostibles activas e pasivas nas edificacións que permitan o aforro enerxético e de recursos.

QUERES FORMAR PARTE DE vi17?

Traballo

Se desexas realizar unha solicitude, envía o teu CV e portfolio (máximo 10 mb) a cv@vi17.gal e poñerémonos en contacto se temos algunha praza dispoñible.

 

Prácticas

vi17 ofrece prácticas a tempo completo para estudantes de arquitectura e recentemente titulados, por un prazo mínimo de 4 meses. Son necesarios coñecementos de  CAD,  software 3D e un mínimo de 3 anos de experiencia como estudante.

Se estás interesado envía o teu CV e portfolio (máximo 10 mb) a cv@vi17.gal especificando no correo que tipo de prácticas solicitas.

vi17 logos web-02
Dirección

Rúa Valle Inclán 17, Entreplanta D
15100, Carballo, A Coruña

Email: info@vi17.gal
Teléfono: +34 881 309 548

Síguenos