Xunta de Galicia en Ourense

Concurso
Ano 2022

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Alba Álvarez Vázquez

Renders:

Bump Estudio

Ubicación:

Ourense, España

 

XUNTA DE GALICIA EN OURENSE

A proposta que se presenta non nace dun concepto arquitectónico como tal, senón que é froito do enfoque de 3 obxectivos principais:

 

Identidade
O edificio concíbese como un elemento icónico cunha identidade representativa polo uso que alberga. Preténde ser un referente como edificio institucional e ao mesmo tempo presentar unha imaxe amable cunha escala adaptada ao lugar onde se sitúa.

 

Madeira
“O edificio de madeira máis grande de España”. Trátase de apostar por que o edificio sexa un referente nacional no uso da madeira como material sostible á hora de deseñar a estrutura do edificio. Sería polo tanto o edificio de madeira máis grande do país en metros cadrados de superficie.

 

Axenda 2030
O desenvolvemento do proxecto busca seguir os obxectivos da Axenda 2030 da ONU. A estratexia está íntimamente ligada a 5 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Os obxectivos están presentes dende a propia esencia do uso do edificio, que está ligado á innovación e ao crecemento económico, a proposta construtiva aposta pola industria local, o respecto ao medio ambiente e a súa conservación, e o uso de estratexias para reducir o consumo de enerxía, tanto na extracción e produción de materiais como na utilización do edificio durante o seu ciclo de vida.