Termas de Bande

Concurso
Ano 2022

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Alba Álvarez Vázquez

Renders:

Bump Estudio

Ubicación:

Bande, España

 

IMPLUVIUM

O proxecto nace do concepto de IMPLUVIUM, palabra proveniente do latín que definía ao estanque central característico nas casas, ou “domus”, gregas e romanas deseñado para recoller a auga da choiva, a cal se almacenaba para ser utilizada en momentos de necesidade. A auga caía no impluvium a través dunha abertura central no teito chamada compluvium o cal, ademais, servía para iluminar as estancias adxacentes a este espazo.
A proposta que aquí se describe, parte dunha reinterpretación deste concepto adaptándoo ás necesidades, á forma e á contorna na que se atopa, sendo a auga o elemento protagonista do espazo.
A reinterpretación do impluvium lévanos a partir dunha forma circular, a cal, en contraposición cun esquema máis ortogonal, dota ao espazo de maior fluidez, flexibilidade e naturalidade á hora de percorrer as distintas estancias.
Todo ocorre ao redor do impluvium.
A pesar de que, aparentemente, a posición destes volumes prismáticos poida semellar aleatoria, o certo é que responde a unha integración coa contorna na que se sitúan, tratando de priorizar dous ítems fundamentais que son as vistas e a vexetación. É por iso que, tanto o volume circular central coma os volumes prismáticos, están colocados de forma que se respecten as árbores e a vexetación existente e sempre sen perder as marabillosas vistas da paisaxe e a contorna na que se atopa.