Termas de Bande

Concurso
Ano 2022

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Alba Álvarez Vázquez

 

Renders:

Bump Estudio

Ubicación:

Bande, España

 

TERMAS DE BANDE

 

O proxecto “IMPLUVIUM” é unha proposta para a construción dun centro termal no Concello de Bande, que pretende poñer en valor e aproveitar a zona de augas mineromedicinais e termais existentes. O concepto central do proxecto inspírase no impluvium, un elemento arquitectónico das casas romanas e gregas deseñado para recoller auga de choiva.

 

Concepto e Deseño

O impluvium, un estanque central para recoller auga de choiva, serve como o principal concepto de inspiración para o desenvolvemento do deseño. A proposta adapta este concepto ás necesidades modernas e ao entorno, coa auga como elemento central do espazo. A forma circular do impluvium proporciona fluidez e flexibilidade, contrastando con esquemas máis ortogonais.

 

Volumetría e Materialidade

O edificio principal ten forma de círculo ou cilindro, cun oco circular central do que se estenden volumes prismáticos, semellantes a brazos. Estes volumes intégranse coidadosamente co entorno, respectando a vexetación existente e aproveitando as vistas. O volume central concíbese como unha estrutura lixeira de madeira, mentres que os volumes prismáticos constrúense en terra compactada, proporcionando unha sensación de robustez e protección ao mesmo tempo que transmiten sensación de calidez e de construción tradicional respectuosa co entorno de alto valor patrimonial.

 

Integración co Entorno

A integración co entorno é fundamental, cun deseño que minimiza o impacto visual e respecta a topografía e vexetación existentes. Os volumes do edificio están orientados para preservar as vistas e a vexetación, e a topografía do terreo mantense na medida do posible para reducir a necesidade de movementos de terra, asemade os materiais de baixo impacto ambiental intégranse coa contorna.

 

Circulación e Accesibilidade

A circulación dentro do edificio e o seu entorno está deseñada para ser fluída e intuitiva. O acceso principal é desde a fronte nordeste, onde se sitúa un aparcadoiro que se integra visualmente coa natureza. Promóvese o uso de medios de transporte sostibles, como bicicletas eléctricas, e facilítase o acceso a persoas con mobilidade reducida.

 

Espazos

O edificio organízase en varios volumes, cada un cunha función específica:

Volumen A – Acceso e Servizos: Inclúe unha cafetería, cociña, baños, recepción e vestíbulos. A cafetería está orientada cara ás vistas do encoro e esténdese cara a unha terraza exterior dende onde se poden contemplar os restos das termas e o campamento romano.

Volumen B – Impluvium: O núcleo do edificio, cun estanque central que recolle auga de choiva. Este espazo de circulación e relación está construído en madeira e aberto ao exterior, rodeado de vexetación e vistas.

Volumen C РPiscinas Termais: Alberga unha gran piscina termal con zonas de chorros e descanso, ademais dunha piscina de contrastes, ba̱eiras de tratamento, hidromasaxe e ducha de contrastes.

Volumen D РPiscinas e Tratamentos: Semellante ao volume C, cunha piscina de tama̱o medio e un espazo para estufas h̼midas. Incl̼e tam̩n aseos accesibles dende o impluvium.

Volumen E – Cabinas de Tratamentos: Contén cinco cabinas para tratamentos específicos, dúas delas con bañeiras terapéuticas, e un despacho para consultas de hidroterapia.

Volumen F – Espazos ao Aire Libre: Composto por plataformas exteriores con dúas piscinas lúdicas e tres terrazas con tumbonas, ofrecendo vistas do encoro, a vexetación e as ruínas romanas.

 

O proxecto “IMPLUVIUM” combina un deseño arquitectónico innovador cun profundo respecto polo entorno natural e o patrimonio histórico da zona. A integración de materiais naturais, de proximidade e baixo impacto ambiental, e a consideración coidadosa da vexetación e a topografía existentes garanten que o centro termal se converta nun espazo harmonioso e sostible, proporcionando benestar e confort aos seus usuarios mentres se preserva e valora a paisaxe circundante de caracter patrimonial.