Centro social en Vigo

Concurso

“1º ACCESIT”

Ano 2023

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Alba Álvarez Vázquez

Jimena González Verdía

 

Renders:

Bump Estudio

 

Ubicación:

Vigo, España

 

CENTRO SOCIAL EN VIGO

A proposta que se presenta non nace dun concepto arquitectónico como tal, senón que é froito do enfoque de 3 obxectivos principais:

 

Identidade
O edificio concíbese como un elemento icónico e cunha identidade representativa. Preténde ser un edificio de referencia na cidade e ao mesmo tempo ofrecer unha imaxe amigable e adecuada ao uso ao que se destina.

 

Eficiencia enerxética
A eficiencia enerxética é o principal obxectivo desta proposta, que busca que o edificio, a través de diferentes estratexias activas e pasivas, sexa autosuficiente, con cero emisións de CO2 e consumo enerxético para poder contar cos certificados de sustentabilidade máis destacados.

 

Axenda 2030
O desenvolvemento do proxecto busca seguir os obxectivos da Axenda 2030 da ONU. A estratexia está intimamente ligada a 5 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Os obxectivos están presentes desde a esencia do uso do propio edificio, que está ligado á innovación e ao crecemento económico, a consecución da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas, garantindo o acceso a unha enerxía asequible, segura, sostible e moderna para todas as persoas, promover o crecemento económica sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e traballo decente para todos, facer que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resistentes e sostibles, garantizar pautas de consumo e produción acordes cunha etapa de sustentabilidade e xerar un edificio comprometido coa loita contra o cambio climático e os seus efectos.