Archive

Mercado y edificio multiusos

Mercado e edificio multiusos

Concurso Ano 2020   Arquitectos: Diego Díaz Mosqueira Gustavo Figueira Serrano Renders: Bump Estudio Ubicación: Sanxenxo, España   FLEXIBILIDADE E DINAMISMO O proxecto propón un edificio multifuncional que non só servirá como mercado de abastos, aparcadoiro e centro multiusos, senón que tamén mellorará o entorno urbano e a sustentabilidade da área, asegurando viabilidade económica e un desenvolvemento construtivo eficiente.   Adecuación do Entorno Urbano Proponse transformar a Rúa de Madrid nun nexo semipeonil para mellorar o urbanismo e a accesibilidade, priorizando aos peóns sobre os vehículos. Esta intervención busca humanizar a rúa, engadindo vexetación e mellorando a comunicación entre edificios singulares como o Concello de Sanxenxo, o Pazo dos Duques de Patiño, o Mercado de Abastos e, no futuro, o Auditorio Emilia Pardo Bazán. Tamén se mellorará a conexión entre espazos públicos como praias e parques, creando un corredor atractivo que incrementará o fluxo de persoas e revalorizará o mercado e o seu entorno inmediato.   Relación do Edificio co Entorno Urbano O deseño do mercado busca integrarse...

Continue Reading
Ciclando Carballo

Ciclando Carballo

Construido Ano 2020   Cliente: Concello de Carballo Lonxitude: 2.040 metros Arquitectos Diego Díaz Mosqueira Gustavo Figueira Serrano Ubicación: Carballo, España   Carril bici entre Av. Malpica e Rúa Fábrica O proxecto Ciclando Carballo da Senda nº4 entre a Av. Malpica e a rúa Fábrica busca mellorar as condicións do carril bici que xa existía neste tramo. O esquema existente, onde se situaba o carril bici entre a estrada e o aparcadoiro, supuñía un risco para a seguridade viaria dos ciclistas. Ademais, o carril contaba con varias zonas sen conexión e sen ningún tipo de sinalización que permitise identificalo facilmente polos usuarios. A nosa proposta baséase nunha serie de accións que son as seguintes:   REORGANIZACIÓN VIARIA O principal obxectivo desta intervención é reordenar a actual xerarquía da calzada, intercambiando o carril bici coa liña de estacionamento, de forma que se separen peóns - bicicletas - coches.   NOVO CARRIL BICI O novo carril bici transcorre entre a beirarrúa e o aparcadoiro, pintado e con novas marcas viarias para...

Continue Reading