CITIC. Centro de Investigación TIC

Concurso
“ACCESIT”
Ano 2021

 

Arquitectos:

Diego Díaz Mosqueira

Gustavo Figueira Serrano

Renders:

Bump Estudio

Ubicación:

A Coruña, España

 

Tradición e Innovación

A proposta busca a creación dun fito na Cidade das TIC, un elemento recoñecido na paisaxe que represente a innovación do campus mediante a sua arquitectura á vangarda da construcción e sustentabilidade.

A flexibilidade caracteriza o proxecto proporcionando espazos diáfanos que se poden adaptar as necesidades que poidan xurdir. Destacan os espazos centrais entorno ao atrio, nos cales se dispoñen unha serie de salas de xuntas que outorgan privacidade, así como zonas de descanso e relax, que tamén poden funcionar ocasionalmente como espazos de traballo ou puntos de reunión.

Contémplase a posibilidade de ampliación do edificio nun futuro mediante duas estratexias, en primeiro lugar podendo incorporar parte do espazo central ás zonas de traballo, e se fose necesaria mais superficie, a construcción dunha segunda fase anexa xestionanda en conxunto co edificio existente.

Os novos sistemas de construción de madeira baséanse na interpretación dos métodos tradicionais en combinación coa mais avanzada tecnoloxía.

A aposta pola construcción en madeira promove o emprego local, aartesanía, a tecnoloxía, a protección dos montes, e os procesos de fabricación industrializados que se están a promover recentemente en Galicia. Do mesmo xeito redúcese a pegada de carbono, mentres se optimiza o proceso de construción, axustando tamén os tempos de execución e consecuentemente o orzamento.